OurenseÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos no Carballiño

Entre os efectivos que colaboraban para atender esta emerxencia estaba Protección Civil de San Xoán de Río

Ás 13:11h. deste sábado 21 de setembro o 112 Galicia recibía o aviso dun accidente de tráfico na estrada N-541, nas aforas do Carballiño. Como consecuencia do mesmo resultaban varias persoas feridas de distinta consideración.

Entre os efectivos de emerxencia que colaboraban de inmediato no auxilio deses feridos estaba a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Xoán de Río e a de Xunqueira de Ambía, ambas viñan de Beariz, onde participaban nun acto de recepción de equipamento por parte da Xunta.

No dispositivo de emerxencia para atender ao accidente tamén se mobilizaba ao GES do Carballiño, Policía Local, 061 e aos Bombeiros do Carballiño-Ribeiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button