ConcellosO BoloÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos no municipio do Bolo

 

Arredor das 12h. deste 6 de novembro producíase un accidente de tráfico con feridos na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), ao seu paso por Lentallais (O Bolo). En concreto o sinistro producíase nas proximidades do desvío á vila do Bolo.

Rapidamente mobilizábanse aos efectivos de emerxencias: Protección Civil do Bolo, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico. Resultaban tres persoas que eran trasladas ao Hospital de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button