En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Accidente de tráfico con tres feridos no Barco

Tratábase dun choque con tres vehículos implicados á altura do viveiro de empresas

Arredor das oito e dez desta tarde de 24 de decembro producíase un choque, con tres vehículos implicados, nas proximidades do viveiro de empresas do Barco, nun dos accesos a esta vila.

Ata o lugar do sinistro trasladábanse rapidamente a Policía Local, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, así como a Garda Civil do Barco, a Garda Civil de Tráfico e o 061. Como consecuencia da colisión resultaban feridas tres persoas, que eran trasladadas de inmediato ao Hospital Comarcal Valdeorras. O operativo en resposta a esta emerxencia finalizaba en torno ás dez da noite de Noiteboa.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close