ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico cun ferido en Santigoso (O Barco)

A primeira hora desta mañá de sábado 29 de decembro, en torno ás 7h., producíase un accidente de tráfico na estrada de Santigoso (O Barco). Un vehículo saíase da vía, ao parecer, a causa dun corzo.

Ata ese lugar desprazábase de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico e o 061. Como resultado do sinistro resultaba unha persoa ferida, que era trasladada ata o hospital.

 

Artigos relacionados

Back to top button