ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Accidente de tráfico cun ferido no Bolo

A estrada OU-0806 está cortada ao tránsito de vehículos nestes momentos como consecuencia do sinistro

Unha persoa resultaba ferida grave nun accidente de tráfico que se producía ás 10:51h. desta mañá na estrada OU-0806 ao seu paso polo termo municipal do Bolo, no quilómetro 1.500. De inmediato mobilizábase un operativo no que participaban Protección Civil do Bolo, Garda Civil COS, Garda Civil de Tráfico, bombeiros do Parque de Valdeorras, ambulancias do 061 e un helicóptero do 061.

O ferido foi trasladado en helicóptero para recibir atención hospitalaria. Arestora estase á espera da chegada de Atestados da Garda Civil e a estrada permanece cortada dende a saída do Bolo ata unha explanada situada a un quilómetro da vila. Os desvíos son por Celavente ou por Santa Cruz.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button