En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Accidente de tráfico cun ferido no centro do Barco

Un vehículo e unha motocicleta víanse implicados nun accidente de tráfico que se producía pasadas as dez da noite do sábado 29 de outubro en pleno centro do Barco. O suceso tiña lugar na rúa Conde Fenosa, á altura do cruce con Adbón Blanco. Ata o lugar desprazábase a Policía Local, membros do GES do Barco e unha ambulancia. No accidente resultaba ferida unha persoa que era trasladada de inmediato ao Hospital Comarcal Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button