A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico de madrugada no centro da Rúa

 

Na madrugada deste luns 25 de abril producíase un accidente de tráfico na Rúa, no que se vían implicados dous vehículos.

Os feitos tiñan lugar en torno ás dúas da mañá cando un coche (o branco) impactaba con outro que estaba aparcado (o negro) na céntrica rúa Campogrande. Ata alí desprazábase Protección Civil da Rúa, o GES Valdeorras e a Garda Civil.

Tal como indican dende Protección Civil non houbo feridos pero a causa do impacto ambos vehículos sufrían danos de consideración.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button