CarballedaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico dun tractor en Carballeda de Valdeorras

 

Sobre as dúas e media da tarde deste sábado producíase un accidente de tráfico en Carballeda de Valdeorras. “A esa hora, o persoal sanitario informaba ao 112 Galicia dun accidente de tractor en vía pública e coa posibilidade de que o seu condutor puidese estar atrapado entre o vehículo agrícola e unha parede, no Camiño da Iglesia, á altura do número 43, en Carballeda de Valdeorras”, segundo informa o 112 Galicia.

Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato aos bombeiros do parque comarcal e aos membros do GES de Valdeorras. Do mesmo xeito, foron avisados os axentes da Garda Civil.

“Tras chegar ao lugar dos feitos, os membros do GES Valdeorras indicaron ao 112 Galicia que non foi preciso o uso de material de excarceración, posto que, a persoa xa fora liberada polos particulares que se atopaban no punto”, citando ao 112 Galicia.

O ferido foi trasladado en ambulancia polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Unha vez evacuado o ferido, os bombeiros e membros do GES procederon coas tarefas de limpeza da vía.

Artigos relacionados

Back to top button