ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico en Coedo (O Barco)

 

Pasadas ás catro e media desta tarde de domingo producíase un accidente de tráfico con feridos na estrada OU-536 á altura de Coedo (O Barco). No sinistro víanse involucrados un quad e unha moto, que chocaba, rematando a moto nunha zona de viñas.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, dúas ambulancias, a Policía Local do Barco e a Garda Civil.

Como consecuencia do accidente, a estrada quedaba temporalmente cortada ao tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button