En portadaÚltima hora

Accidente de tráfico en pleno casco vello do Barco

 

Arredor das cuatro e cuarto desta tarde de luns 15 de xuño producíase un accidente de tráfico en pleno casco antigo do Barco, en concreto no inicio da rúa doutor Pérez Lista, moi preto da praza Maior. Un vehículo, procedente da rúa Real, chocaba contra unha casa. Como consecuencia da colisión, unha das persoas ocupantes do turismo resultaba ferida.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato a Policía Local, o 061, así como efectivos do Grupo e Emexencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras e a Garda Civil. A persoa ferida era trasladada ao hospital.

A Policía Local cortou o acceso a zona dende a rúa Real, desviando a circulación de vehículos pola rúa Escura, de maneira provisional, mentres se procedía a retirada do vehículo por parte dunha grúa.

Galería de fotos:

O accidente da rúa Doutor Pérez Lista do Barco, en imaxes

 

Artigos relacionados

Back to top button