ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico en pleno centro do Barco

 

Arredor das 20:10h. da tarde deste 17 de marzo producíase un accidente de tráfico, no que resultaba ferida unha persoa, na céntrica avenida Conde Fenosa do Barco. O sinistro, no que se vían implicados dous vehículos, tiña lugar xusto antes do cruce desta avenida coa rúa da Estación.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato os axentes da Policía Local do Barco, así como unha ambulancia do 061 e os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras. A persoa ferida era trasladada en ambulancia ata o Hospital Público de Valdeorras.

Mentres interviñan os servizos de emerxencia, o numeroso tráfico que a esa hora se rexistraba por esta céntrica vía da vila era regulado pola Policía Local.

Artigos relacionados

Back to top button