ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico en Tremiñá (O Barco)

 

Contra as oito da tarde deste xoves 24 de setembro producíase un accidente de tráfico no barrio de Tremiñá en Veigamuíños (O Barco). Un vehículo que circulaba pola estrada desta localidade chocaba contra unha parede e logo contra un transformador eléctrico e envorcaba, quedando apoiado sobre a súa parte dereita.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato os servizos de emerxencia sanitarios, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras e a Policía Local do Barco. O ocupante do vehículo era trasladado ao Hospital de Valdeorras para recibir atención sanitaria.

 

Artigos relacionados

Back to top button