ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos en Trives

 

Dúas persoas resultaban feridas leves nun accidente de tráfico que se producía ás cinco e media desta tarde, 30 de novembro, nas proximidades da vila de Trives, na estrada OU-536. Un turismo saíase da vía e quedaba volteado na calzada. Ao lugar do sinistro acudía de inmediato o 061 de Trives e a Garda Civil. Os feridos, veciños de Acevido de Argas (San Xoán de Río), eran levadas ao PAC de Trives. Dende alí eran trasladas ata o Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button