En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Accidente de tráfico fronte ao hospital do Barco

Ás 18:05 h. desta tarde producíase un accidente de tráfico con feridos á altura do paso de peóns situado fronte ao Hospital Comarcal Valdeorras, na céntrica avenida Conde Fenosa do Barco.

Segundo as primeiras informacións, unha motocicleta paraba no paso de peóns para deixar pasar a unha persoa, pero o coche que circulaba detrás non a vía, chocando con ela. Ata o lugar do suceso trasladábase de inmediato o GES Valdeorras e a Policía Local.

 

Artigos relacionados

Back to top button