A MezquitaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico na A-52 ao seu paso pola Mezquita

 

Arredor das once e media da pasada noite producíase un accidente de tráfico na A-52, ao seu paso pola Mezquita. O 112 Galicia recibía o aviso dun particular dunha saída de vía na citada autoestrada.

“Nesa comunicación sinalaba que, ao saírense da vía, caeran ao vacío, baixo unha ponte, e ademais indicaba que os ocupantes non podían saír do coche porque non lle abrían as portas. Nun primeiro momento, o alertante descoñecía a ubicación exacta do accidente e non sabía se se atopaban na A-52 ou na N-525, ao seu paso polo concello da Mezquita. Logo, os bombeiros do GES da Gudiña confirmaron que o vehículo circulaba pola A-52, incorporouse dirección á N-525 e caeu, de novo, á autovía. Malia isto, cando os servizos de emerxencias chegaron ao lugar, todos os ocupantes atopábanse xa fora do vehículo”, tal e como informa o 112 Galicia.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, da Garda Civil de Tráfico e do GES da Gudiña. Tres persoas resultaban feridas como consecuencia do sinistro, segundo o 112 Galicia.

Por último, dende o 112 Galicia solicitouse tamén a intervención do servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button