ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico na avenida Manuel Quiroga do Barco

 

Rozando ás 12h. deste mediodía producíase un accidente de tráfico no Barco, en concreto á altura da gasolineira situada na avenida Manuel Quiroga da vila. Un turismo chocaba contra a parte posterior dunha camioneta. Como consecuencia da colisión, resultaba ferida persoa que conducía o coche.

Ao lugar do suceso acudían de inmediato os bombeiros do GES Valdeorras, o 061-Urxencias Sanitarias, Policía Local do Barco e Protección Civil. A persoa ferida era trasladada ao Hospital Público de Valdeorras para recibir atención sanitaria.

 

Artigos relacionados

Back to top button