ConcellosTrivesÚltima hora

Accidente de tráfico na entrada de Trives

Foto: Protección Civil de Trives.

 

Ás 12:18h. deste mércores 20 de outubro producíase un accidente de tráfico na entrada á vila de Trives. Un vehículo saíase da estrada e chocaba contra unha árbore, resultando ferida unha persoa.

Dende o 112 Galicia mobilizábase de inmediato á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives, aos bombeiros do GES de Castro Caldelas, ao 061 Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.

A persoa ferida era traslada en ambulancia ata o Hospital Público de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button