ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico na estrada de Éntoma (O Barco)

O sinistro, no que resultaba feridas dúas persoas, producíase pouco despois das 21:30h. da pasada noite

 

Pasadas as 21:30h. de onte, martes 22 de decembro, producíase un accidente de tráfico na estrada de Éntoma (O Barco), pouco antes do punto quilométrico 2. Ao parecer, un vehículo perdía o control e, tras impactar contra o gardarrail, quedaba na cuneta do carril contrario.

Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato a urxencias sanitarias 061, o Grupo de Emerxencias Supramunicial (GES) de Valdeorras, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.

Como consecuencia do sinistro, dous dos catro ocupantes do vehículo resultaban, en principio, feridos leves e eran trasladados ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button