CarballedaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico na estrada OU-0802 en Carballeda de Valdeorras

 

En torno ás 9:30h. da mañá deste sábado 17 de outubro producíase un accidente de tráfico no municipio de Carballeda de Valdeorras. Un camión do sector da lousa saíase da vía no km 1 da estrada OU-0802, resultando ferido o seu condutor.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) Valdeorras, os servizos de emerxencias sanitarios e a Garda Civil. O ferido foi traslado ao hospital para recibir atención sanitaria.

Artigos relacionados

Back to top button
Close