A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico na estrada que atravesa A Rúa

 

Arredor das 15:15h. desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada que atravesa a vila da Rúa. En concreto o sinistro tiña lugar na rúa Progreso, no cruce coa avenida Almendralejo. Ao parecer, segundo as primeiras informacións, un vehículo que circulaba pola rúa Progreso chocaba contra outro que baixaba da avenida Almendralejo.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato a Policía Local da Rúa, Protección Civil da Rúa e GES Valdeorras, así como unha ambulancia do 061. Un dos ocupantes dos vehículos era trasladado para recibir atención sanitaria.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button