Arredor das 19:10h. deste sábado 26 de setembro tiña lugar un accidente de tráfico na estrada que comunica Trives coa localidade de Barrio. Producíase unha saida de vía dun turismo, que se saldaba cun ferido leve.
Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato Protección Civil da Pobra de Trives e o 061. A persoa ferida era trasladada ao PAC de Trives para recibir atención sanitaria.
Fotos cedidas.