ConcellosTrivesÚltima hora

Accidente de tráfico na estrada que une a Estación de Manzaneda con Trives

 

Arredor das 12:44h. deste domingo 20 de xuño producíase un accidente de tráfico na estrada OU-703 (de Trives a Cova) que comunica a Estación de Montaña de Manzaneda coa Pobra de Trives, segundo o 112 Galicia. Un vehículo saíase da vía, resultando ferido o seu ocupante.

Dende o 112 Galicia mobilizábase ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Trives e tamén se daba aviso ao GES de Castro Caldelas.

A persoa ferida foi trasladada ao Hospital Público de Valdeorras en ambulancia.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button