ConcellosQuirogaÚltima hora

Accidente de tráfico na N-120 en Quiroga que obrigaba a cortar a estrada

 

Arredor das 18:15h. desta tarde producíase un accidente de tráfico na N-120 ao seu paso polo municipio de Quiroga. No sinistro, segundo puido saber este medio de comunicación, víanse implicados dous vehículos e resultaban dúas persoas feridas.

Ata o lugar do accidente desprazábanse, entre outros efectivos de emerxencias, o 061, os Bombeiros de Monforte, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. Segundo a información da Dirección Xeral de Tráfico, esta estrada cortouse en Parada, dende o km 499 ao 500 en ambos sentidos.

Artigos relacionados

Back to top button