ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Accidente de tráfico na OU-533, á altura de Mourisca (Viana do Bolo)

 

Rozando ás 12h. deste mércores 29 de decembro producíase un accidente de tráfico na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), á altura da localidade de Mourisca (Viana do Bolo). Un vehículo saíase da vía e quedaba na cuneta esta estrada. No sinistro non houbo que lamentar feridos, segundo as primeiras informacións.

Ata o lugar do sinistro desprazábase de inmediato a Policía Local de Viana do Bolo e dende o 112 Galicia tamén se mobilizaba ao 061 Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e ao GES da Veiga.

 

Artigos relacionados

Back to top button