ConcellosPetínÚltima hora

Accidente de tráfico na praza de Petín

 

 

Pasadas as 12:30 horas deste domingo 25 de xullo, o día no que Petín celebra ao seu patrón, Santiago Apóstolo, producíase un accidente de tráfico na praza Doutor Quiroga, xusto no centro da vila, onde un varón era a tropelado por un vehículo que viaxaba en dirección A Rúa, xusto ao saír da praza.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse de inmediato os Bombeiros do GES Valdeorras, Protección Civil de Petín, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.

O ferido era trasladado ao Hospital Público Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button