ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Accidente de trafico na vila de Viana do Bolo

 

Arredor das oito da mañá deste domingo 17 de outubro tres persoas resultaban feridas como consecuencia dunha colisión en Viana do Bolo, tal e como informa o 112 Galicia. Tratouse dun turismo que chocou contra outro estacionado nesta vila.

“Un dos implicados chamou ao 112 Galicia para informar da situación e solicitar asistencia médica para os ocupantes do vehículo. De contado, os xestores do 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros do GES da Gudiña, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo”, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button