ConcellosManzanedaÚltima hora

Accidente de tráfico nas proximidades de Raigada (Manzaneda)

 

Pasadas as cinco e media desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada OU0701 nas proximidades de Raigada (Manzaneda) e tamén moi preto do límite co concello de Viana do Bolo. Un vehículo saíase da vía pola marxe dereita e acababa na cuneta.

Ata o lugar do accidente trasladábanse de inmediato os voluntarios da agrupación de Protección Civil de Manzaneda, así como una ambulancia do 061 Urxencias Sanitarias. O único ocupante do vehículo era trasladado en ambulancia ao Hospital Público de Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button