ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico no Alto do Covelo, en Viana do Bolo

 

Arredor das cinco da tarde deste 5 de abril producíase un accidente de tráfico con feridos na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña) á altura do Alto do Covelo, en concreto no p.k 28,100, no termo municipal de Viana do Bolo. No sinistro víanse involucrados un coche e unha motocicleta e resultaban feridas as dúas persoas que viaxaban na moto

Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato unha ambulancia de Urxencias Sanitarias-061 e a Garda Civil de Tráfico. Tamén se avisaba ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Gudiña, se ben finalmente non foi necesaria a súa intervención. Ademais avisábase á Policía Local de Viana.

As dúas persoas feridas eran trasladadas ao Hospital Público de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button