ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico no Barco

 

Arredor das 17:19h. desta tarde de luns 12 de xullo producíase un accidente de tráfico no Barco, segundo o 112 Galicia. Un vehículo saíase da vía na estrada OU-622, resultando ferida unha persoa. O coche circulaba en dirección ao Barco.

Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato dúas ambulancias do 061 Urxencias Sanitarias, os bombeiros do GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e a Garda Civil. A persoa ferida, e única ocupante do vehículo, era trasladada rapidamente ao Hospital Público de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button