A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico no centro da Rúa

 

Rondando ás sete e media da tarde deste xoves 24 de xuño, producíase un accidente de tráfico no centro da Rúa, con tres coches implicados, dous deles aparcados.

Segundo as primeiras informacións, o condutor dun todorreo podería ter sufrido unha indisposición, perdendo o control do vehículo que chocaba contra un turismo que estaba aparcado na céntrica rúa Progreso. O impacto provocaba que un terceiro vehículo, que tamén estaba aparcado, se vise asemade implicado.

Ata o lugar dos feitos achegábanse membros da Policía Local e Protección Civil da Rúa, así como unha ambulancia do 061. Os profesionais de urxencias sanitarias asitía ao condutor do todoterreo accidentado.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button