ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico no centro do Barco

 

Na madrugada deste domingo 5 de decembro producíase un accidente de tráfico na céntrica rúa Conde Fenosa, á altura do número 45.

O suceso producíase en torno ás seis da mañá cando un vehículo con dous ocupantes chocaba contra unha árbore da beirarrúa. Ata o lugar dos feitos desprazábanse os bombeiros do GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e a Garda Civil.

Segundo informan dende os servizos de emerxencia, os ocupantes non necesitaron asistencia médica.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button