Como consecuencia do mesmo resultaba ferida unha persoa
Arredor das 13 horas deste venres 10 de maio producíase un accidente de tráfico no cruce de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), no que se vían implicados dous vehículos. Como consecuencia do mesmo resultaba ferida leve unha persoa. Ata o lugar do sinistro desprazábanse rapidamente os efectivos de emerxencias: GES Valdeorras, o 061 e a Garda Civil.