ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico en Trives por unha saída de vía

Unha persoa resultaba ferida como consecuencia dun accidente de tráfico que se producía na tarde do 30 de agosto no quilómetro 3 da OU-0703 en Trives. O vehículo saíase da vía. Era a persoa que conducía ese coche a que avisaba ao 112 Galicia do sucedido ás 16:20 horas “para indicar que a súa acompañante golpeara a cabeza contra o parabrisas do vehículo. Engadiu que o coche estaba a invadir parte da calzada”, tal e como informa o 112 Galicia.

Dende o CIAE do 112 Galicia alertábase ao 061-Urxencias Sanitarias e ao GES de Castro Caldelas. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. “Despois de ser atendida no punto polos efectivos sanitarios, a muller ferida solicitou recibir a alta voluntaria”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button