ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico xunto ao CEIP Manuel Respino da Rúa

 

Arredor das cinco e media desta tarde de 19 de novembro tiña lugar un accidente de tráfico nas inmediacións do CEIP Manuel Respino da Rúa. Producíase un choque entre dous turismos, un deles baixaba dende a estrada de Vilela e o outro viña pola rúa Arnaveca. Como consecuencia do sinistro resultaba ferida unha persoa.

Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil da Rúa, o GES Valdeorras, a Policía Local e o 061.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button