En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Accidente dun camión en Casaio

Na estrada OU-122, que conecta a localidade de Casaio con Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), producíase arredor das nove da mañá do 23 de maio un accidente de tráfico no punto quilométrico 11. Un camión de reparto de combustible saíase da calzada, cando ía en dirección Casaio-Sobradelo, resultando ferido o seu condutor.

“Pese ao impacto, a carga, duns 1.700 litros de combustible, resultou intacta e foi transvasada para evitar posibles derrames”, tal e como se informa dende o 112 Galicia.

Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato os servizos de emerxencias, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Valdeorras, o GES Valdeorras e o 061. “Un médico do centro de saúde da localidade desprazouse ao lugar e, nada máis chegar e ver a situación, solicitou a axuda dos Bombeiros para á evacuación do ferido”, citando ao 112 Galicia.

Estaba previsto que o condutor fose trasladado en helicóptero medicalizado para ser atendido nun centro hospitalario. “Finalmente, aínda que o helicóptero tomou terra nun lugar moi próximo a onde ocorreron os feitos, o ferido puido ser trasladado polos servizos sanitarios en ambulancia ao centro hospitalario de referencia”, aseguran dende o 112 Galicia. En canto á carga, os servizos de emerxencias sinalaron que non sufriu danos e foi transvasada.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button