En portadaÚltima hora

Accidente mortal nunha empresa de lousa valdeorresa

 

Pasadas as catro e media desta tarde de martes 2 de xullo producíase un accidente nunha canteira do sector da lousa situada no Trigal, no municipio de Carballeda de Valdeorras. Como consecuencia do mesmo resultaba falecida unha persoa, que quedaba atrapada baixo unha carretilla, segundo informa o 112 Galicia.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato membros dos servizos de emerxencias, entre eles o 061, pero nada puideron facer polo traballador, que ao parecer conducía un vehículo que volcou.

Ademais, acudiron os axentes da Garda Civil, os bombeiros e o GES Valdeorras, estes últimos para tratar de liberar o traballador que permanecia baixo o vehículo, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button