En portadaGalerías de fotosOurenseÚltima hora

Dous accidentes múltiples con feridos na A-52 ao seu paso pola Gudiña

Nos sinistros, que se producían esta tarde debido a unha forte saraibada en puntos moi próximos desta autovía, víanse implicados varios coches e camións

Pasadas as cinco e media desta tarde de xoves 22 de novembro producíase dous accidentes múltiples na autovía A-52, dirección Porriño, ao seu paso polo municipio da Gudiña, debido a unha forte saraibada caída na zona. Nun deles, no punto quilométrico 126 víanse implicados seis coches e un camión e resultaban feridas varias persoas, segundo os primeiros datos. Ademais, no punto quilométrico 123 da mesma autovía, tiña lugar outro accidente múltiple cuns 3 coches involucrados e dous camións.

Ata o lugar dos sucesos desprazábanse de inmediato os membros do GES da Gudiña, o 061, ademais da Garda Civil de Tráfico, entre outros efectivos de emerxencias. Os servizos de emerxencia fixeron un desvío momentáneo dende o punto quilómetro 125 da circulación pola N-525.

“As primeiras chamadas dos afectados comezaron a producirse no 112 Galicia ás 17:30 horas de hoxe. A maior parte falaban de coches que se saíron da vía, outros que quedaron virados e varias persoas que necesitaban asistencia médica. Así, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que trasladaron a un total de seis feridos”, segundo se informa dende o 112 Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button