En portadaÚltima hora

Accidente múltiple na A-52, en dirección a Ourense

Varios accidentes producíanse a primeira hora desta mañá na autovía A-52 en dirección a Ourense, entre os quilómetros 222-227, en San Cibrao das Viñas. A primeira chamada de alerta recibiuse na central do 112 Galicia arredor das 8:20 horas. “Como consecuencia dos choques, cinco persoas tiveron que ser atendidas e trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Cristal e ao Carme, entre outros centros médicos. Tras unha primeira valoración, os profesionais de Urxencias Sanitarias comprobaron que os feridos presentaban lesións de carácter leve, pero igualmente foron evacuados para seren sometidos a novos estudos”, segundo a última información que vén de facer pública o 112 Galicia.

Ademais dos danos persoais, “nos catro accidentes rexistráronse danos materiais produto das distintas colisións que tiveron lugar nos diferentes puntos da autovía. Así, a primeira chamada que recibiu o 112 Galicia era dun condutor que informaba dun choque no que había implicados un total de oito vehículos. A partir dese momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias foi atendendo máis chamadas de particulares que daban conta doutros sinistros en puntos próximos nos que estaban implicados, primeiro, dous turismos, despois, tres e, finalmente, outros dous.”, engade o 112 Galicia.

En total trátase, segundo os últimos datos, de 15 vehículos danados en catro colisións, que aínda están sendo investigadas polas forzas de seguridade. Ata o de agora descoñécense as circunstancias que provocaron estes accidentes, se ben barállase a posibilidade de que se trate de tres colisións producidas en tres puntos diferentes da vía. Ademais, segundo apuntaron varios dos particulares que contactaron co 112 Galicia para pedir axuda, as colisións puideron deberse a unha mancha de gasóleo na calzada, pois, tal e como indicaban, percibíase un olor intenso.

Desde o 112 Galicia pedíuse a colaboración tanto dos servizos sanitarios de urxencia como dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas e da Garda Civil de Tráfico. “Desde a primeira chamada, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo no que, ademais dos profesionais sanitarios, participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os membros do GES de Pereiro de Aguiar. Tamén foron informados os Bombeiros de San Cibrao das Viñas, aínda que non tiveron que intervir”, tal e como se indica dende esta entidade.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close