Deportes

Accidente nos Picos de Europa

Un sendeirista de Trives, é testemuña dun accidente mortal en Vega de Urriellu
O helicóptero achegándose ao lugar do accidente.
O helicóptero achegándose ao lugar do accidente.
Un momento do rescate.
Un momento do rescate.

A Teodoro Suárez López, natural de Astorga aínda que leva case 40 anos vivindo en P. de Trives, encántalle o sendeirismo e tamén a fotografía. E precisamente estas dúas afeccións, fixérono ser testemuña directa dun grave e mortal accidente nos Picos de Europa (Asturias).

No mediodía do 26 de xullo, Teo atopábase no Refuxio Vega de Urriellu preparado para completar a ruta ata o Pico Uriellu na zona da Corona del Rasu, xunto a un grupo de persoas, cando se produxo o fatal accidente. A consecuencia da caída dende unha altura duns 15 metros, un xove asturiano falecía no acto do que o sendeirista Teo Suárez era testemuña, podendo fotografar algunhas imaxes do escarpado terreo e tamén do rescate.

Ata o lugar, pertencente ao concello asturiano de Cabrales, desprazábase o Grupo de Rescate de Bombeiros do Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (SEPA) a bordo do helicóptero mecalizado. A néboa presente na zona dificultou os labores de recate, aínda que segundo pudo comprobar Teo “alí a xente está acostumada aos accidentes e os responsables do refuxio saben colocarse para dar as indicacións necesarias ao condutor do helicóptero”.

Tralas autorizacións, o equipo do SEPA trasladaba a dous membros do Grupo de Rescate e Intervención de Montaña da Garda Civil para proceder ao rescate do xove falecido.

Malia ter moitos quilómetros e montes ás costas, Teodoro Suárez non esquecerá esta difícil ruta.

Fotos: Teodoro Suárez López

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button