CulturaCulturaÚltima hora

Acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural, este venres na Rúa

Ambar estrea "As paisaxes de Camille" ás 20 horas no Centro Cultural Avenida

 

A Asociación Ambar, colectivo que leva 40 anos traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional, presenta este venres, 5 de novembro ás 20 horas no Centro Cultural Avenida da Rúa, a primeira actuación da acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural As paisaxes de Camille. Trátase dunha peza de artes vivas que mestura texto, movemento, corpo e danza e versa sobre a loita contra a violencia de xénero explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel con poemas paisaxísticos, coreografías e humor onírico.

 

Grupo de Artes Escénicas de Ambar: Conchita, Montse, Marina, Mercedes, Noelia, Olaia, Carmen e Ángeles.

 

Producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica, poeta e dramaturga Helena Salgueiro de ABAR. Xunto co grupo de artes escénicas de Ambar composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río que escenificarán a peza.

Esta acción, unha das cinco que se desenvolverán no mes de novembro en distintas localidades da contorna galega vinculadas ao Camiño de Santiago, enmárcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

 

Artigos relacionados

Back to top button