EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Acción da D.O. Monterrei en Alacante para profesionais da distribución e da canle Horeca

 

Máis dun cento de profesionais do sector da distribución e canle Horeca participaban na última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, na provincia de Alacante. Esta iniciativa, realizada no marco do showroom “Vidivinos”, tiña como obxecto dar a coñecer os viños que se elaboran na denominación, afianzar a imaxe de marca, impulsar a comercialización directa e fidelizar a cadea de vendas.

Ata o espazo da D.O. Monterrei achegáronse representantes de restaurantes como Quique da Costa, Xato, Monastrell, Casa Pepa ou La Finca, así como da canle de distribución, entre os que se atopaban GMA, Disvalero, Guillén, Tabarca, Bellod, Bardisa, ademais de sumilleres ou prensa especializada, entre outros.

 

 

É a primeira vez que a denominación de orixe Monterrei forma parte do showroom “Vidivinos”, e nesta acción promocional teñen estado presentes os viños de 18 adegas: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Ademais, a participación da D.O. Monterrei en “Vidivinos” tamén permitiu aos asistentes coñecer as características edafoclimática, variedades de uva, tipoloxías de viño, cultura e tradición vitivinícola da denominación. “Pechamos a nosa participación en Vidivinos, cun moi bo sabor de boca. Atopámonos cun alto nivel participativo de profesionais da hostalería, canle primordial para o produto de Monterrei”, indica a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. “Tamén foi grato para nós dar a coñecer o produto na distribución e atender, en Alacante, a colaboradores xa consolidados que comercializan o noso produto e a futuros, que seguro poderían comprobar por que Monterrei é unha aposta segura”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button