EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Accións promocionais da D.O. Ribeiro en Porto Rico

Está considerado un dos países importantes do mundo en consumo de viño e a porta de entrada aos EE.UU.
O presidente do CRDO Ribeiro, segundo pola esquerda, en Porto Rico.
O presidente do CRDO Ribeiro, segundo pola esquerda, en Porto Rico.

Cuns resultados moi satisfactorios está a desenvolver a Denominación de Orixe Ribeiro a súa terceira acción directa en Porto Rico. Trátase dun programa de presentacións, catas e harmonías, participación nun evento benéfico… O obxectivo é dar a coñecer a “diversidade, tipicidade, calidade e excelencia dos seus viños, tanto brancos, como tintos e tostados”, segundo se informa dende o seu consello regulador. O Plan Porto Rico 2014-2015 finalizará a vindeira semana coa visita de varios importadores ás adegas coas que terán relacións comerciais.

Este proxecto comezaba no ano 2014 da man da Cámara de Comercio de España en Porto Rico e co respaldo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e xa levaron a cabo accións nos meses de outubro e xaneiro. “Nesta terceira misión, as accións estaban enfocadas cara o sector trade e HORECA, contando con adegas xa insertadas (Bodega Alanís, Casal de Armán, Finca Viñoa, Ramón do Casar e Viña Costeira), indo da man dos seus recentes importadores”, resáltase dende a D.O. Ribeiro. Asemade destácase que Porto Rico está considerado un dos países mais importantes do mundo en consumo de viño e porta de entrada aos Estados Unidos e ao Caribe.

Unha das accións promocionais do Ribeiro en Porto Rico.
Unha das accións promocionais do Ribeiro en Porto Rico.

Artigos relacionados

Back to top button