OurenseÚltima hora

O aceite 100% galego e de calidade “premium” faise en Ourense

A provincia concentra o 50% da produción de oliva deste tipo de produto, seguida da de Lugo

Aceite 100% galego e de calidade “premium”, esta é a carta de presentación do produto que Aceites Abril, única empresa galega que a produce, está a levar a cabo dende o ano 2006. Unha produción de ouro líquido con ADN da terra, é dicir; plantado, recollido e fabricado en Galicia e que agora está en plena recolleita xa que “a tivemos que adiantar un mes debido ás condicións climatolóxicas adversas”, explicou hoxe, 24 de outubro, o responsable de procesos agrónomos de Aceites Abril, Rubén Gutiérrez.

Este adianto na colleita da oliva galega debeuse, sobre todo, a que as xeadas acaecidas na pasada primavera e o saraiba, así como a seca, “fixeron que a árbore perdese moito froito e entón tarda menos tempo en madurar”, asegurou Rubén Gutiérrez. Neste senso, aseverou que a oliva hai que recollela cando “está a ter unha cor morada, non todas, pero cando a meirande parte delas adquiren esa tonalidade é tempo de varear”.

Abril, que ten a súa sede no polígono de San Cibrao das Viñas, leva plantados máis de 300.000 oliveiros por toda Galicia, sendo as provincias de Lugo (na zona de Quiroga e Ribeira de Pantón) e Ourense, que aglutina máis do 50% da produción oliveira galega, cifrou Rubén Gutierrez, nunha desas fincas produtoras de oliva en Ourense.

En total, segundo contou este experto, en Galicia hai máis de 80 produtores de oliva inscritos na Asociación de Produtores Galegos.

E durante toda a mañá estiveron vareando os responsables dunha das fincas próximas á fábrica. Gutiérrez asegurou que debido a esas condicións climáticas adversas devandita finca rendeu este ano “ao 50%”, pero foi optimista, xa que reiterou que, ao incorporárense novas fincas á produción, “a merma dunhas compensa ás outras”. Así, segundo cifras estimadas, ao ano soen recoller uns 10.000 quilogramos de oliva que soe dar para producir 6.500 botellas deste ouro galego de calidade “premium”.

No eido das variedades de oliva, este experto asegurou que o 20% son de tipoloxía picua, aínda que tamén empregan arbequina, mazanilla cacereña e empeltre. Asemade, adiantou que “estamos a incorporar variedades do norte de Portugal”.

En canto á oliva galega, Gutiérrez informou que están a traballar co CSIC “para ver que din sobre esas variedades de oliveira galego, e así poidamos multiplicar esa variedade a grande escala e metelas nas plantacións”. Todo isto implicaría que o aceite galego 100% sería de máis calidade e único, xa que cunha variedade autóctona “teriamos un aceite máis auténtico”. E asegurou que a Asociación de Produtores está a traballar nunha Denominación de Orixe “que implicaría aínda máis o recoñecemento deste aceite”, dixo.

E esta calidade “premium” tamén a obtén grazas a un proceso artesanal, xa que o “vareo” faise a man, así como o proceso de extracción do aceite na almazara, que é practicamente artesanal.

Comercialización

Así é todo, este experto reiterou que o aceite de ADN galego non se poderá comercializar como aceite común nos supermercados: “Nós facemos labores moi específicas en fincas concretas, é un cultivo que ten moito futuro en Galicia pero non para a comercialización estándar senón como produto de calidade premium”.

Por este motivo, os interesados en adquirir este aceite só poden facelo a través da tenda on-line de Aceites Abril ou en tendas gourmet especializadas.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button