EconomíaEconomíaÚltima hora

Acéndense os fogóns para o V Concurso “Quiroga de Tapas”

Nesta edición, que se desenvolverá do 17 ao 25 de marzo, participarán vinte establecementos da vila
Unha das tapas da pasada edición./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das tapas da pasada edición./ Foto: Carlos G. Hervella.

Con vinte tapas diferentes e o sorteo de multitude de premios para o público participante se presenta a quinta edición do concurso “Quiroga de Tapas”, que promove o Concello de Quiroga a través da Área de Xuventude. O nome de cada unha das propostas que poderá degustarse entre os días 17 e 25 de marzo nos locais deste circuíto vén de facerse público.

A listaxe é a seguinte:
ADEGA DA MARÍA: As cousas da miña terra
BAR LAS PALMERAS: Tabulé
BAR O PORTÓN: Callos con fabas de Lourenzá
BAR RAPOSO: Hamburguesa rústica de Quiroga
BAR QUIPER: Strogonoff da Eva “tudo junto e mesturado”
A TABERNA: Tapa A Taberna
RUXE-RUXE: Paneta
BAR LAGO: Champiñóns recheos, soia e tomates cherry
BAR FÉLIX: Mata fame arrollao
REST. O ROXO VIVO: Ensalada de salmón marinado e aguacate con vinagreta de lima
CASA TORRES: Escalopiños de tenreira en salsa crema, champiñóns, tallaríns e verde
CHAPAKUÑA 3: Croquetas de langostino e xamón ibérico con ensalada de queixo, frutos secos e mel de Quiroga
O RECUNCHO DE DINO: Pasteliño de verduras con salsa de piquillos
REST. DIMAR: Roliño recheo de langostinos e grelos con crocante de millo, crema de Arzúa e milfollas de pataca ó forno con aceite do Val de Quiroga
MESÓN FERREIRIÑO: Niño de setas
BAR ESCALEIRA: Galician people
PARRILADA A BARCA: Montaña de pataca ó queixo
VINOTECA QUIROGA: Tosta do mar
MESÓN DA CLARA: Carne mechada ó whisky
BAR DAKAR: Medallón de solombo ás dúas salsas.

Dende a organización tamén lembran que para fomentar a participación haberá numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as do concurso. Así poden optar a un premio de 300 euros en metálico; un circuito termal, con estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas(Pantón) para dúas persoas; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedería Ferrería de Quintá; unha estancia para dúas persoas na Aldea Rural “O Busto” (Pobra de Brollón); unha noite para dúas persoas no Hotel Conde de Lemos (Monforte); varias comidas ou ceas para dúas persoas en diversos establecementos; unha visita ás instalacións e degustación de Viño para catro persoas no Centro doViño Ribeira Sacra; ou un lote de productos típicos de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e Morriña. Por outra banda, o local ganador da mellor tapa neste ano recibirá 100 euros e unha prlca conmemorativa.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button