EconomíaEconomíaÚltima hora

Achegarse ás claves da industria 4.0, no Barco

A Casa Grande de Viloira acollerá o 5 de novembro a xornada “As claves da empresa intelixente. Unha mostra viva (escaparate) do presente e futuro da industria e da empresa en Galicia e o mundo

 

Arredor da industria e da empresa 4.0 xirará unha xornada formativa que se impartirá o vindeiro 5 de novembro ás 9:30h. na Casa Grande Viloira (O Barco). Leva por título “As claves da empresa intelixente. Unha mostra viva (escaparate) do presente e futuro da industria e da empresa en Galicia e o mundo”.

O programa incluirá intervencións como a “Aposta pola industria 4.0 das Pemes galegas” da man de Norberto Penedo, director da área de Competitividade do Igape, ou a mesa “Percorrido polas tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0” con Lucía Míguez (“Fabricación aditiva e impresión 3D”), Aitor Fernández (“Robótica colaborativa”) e Javier Dávila (“Realidade virtual/aumentada (mixta)”).

Será organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboraciónco Círculo de Empresarios de Galicia e co IGAPE.

Artigos relacionados

Back to top button
Close