OurenseÚltima hora

A ACO organiza unha xornada técnica gratuíta sobre o sector inmobiliario

A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense pretende abordar as últimas reformas en relación á nova Lei do Solo de Galicia
O evento terá lugar na sede da ACO.
O evento terá lugar na sede da ACO.

A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), organiza para mañá xoves día 9 unha xornada técnica para abordar as últimas reformas do sector inmobiliario. Farao en colaboración co Instituto Galego de Promocion Económica (Igape).

O acto terá lugar na propia sede da ACO, en horario de 17 a 20 horas. Terá entrada de balde pero requírese previa inscrición. Falarase, entre outras cuestións, da relación da nova Lei do Solo de Galicia e o seu proxecto de regulamento.

O relator será Juan José Yáñez, asesor xurídico da Federación de Promotores de Galicia (Feproga) e presidente da Comisión de Asuntos Xurídicos da Asociación de Promotores Constructores de España (APCE).

Artigos relacionados

Back to top button