ConcellosO BarcoÚltima hora

Aconséllase á poboación do Barco meterse en casa e pechar ventás pola posible toxicidade do fume

 

Como medida de protección fronte á toxicidade do fume, que cobre a vila, o alcalde do Barco recomenda que a poboación se meta en casa e peche as ventás mentres non desapareza o fume. “Solicitamos información sobre esta cuestión, pero polo momento non nos dixeron nada, aínda así aconsellamos que a xente se meta en casa para evitar á exposición ao fume”, engade Alfredo García.

Esa mesma recomendación facíaa expresamente a Policía Local a través de megafonía na zona de vivendas máis próxima ás instalacións de Cedie.

 

 

 

Vídeo cedido por Arsenio Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button