EconomíaEconomíaÚltima hora

Acordo entre a hostalaría e o Concello de Verín para prolongar o peche de locais ata o 31 de outubro

 

Dende o Concello de Verín vén de informarse do acordo acadado cos hostaleiros para prorrogar o peche dos bares e as terrazas ata o vindeiro día 31 de outubro ante a situación sanitaria que presenta a localidade con relación ao Covid-19 . “A ampliación temporal desta medida preventiva, que foi sometida a debate e aprobado cun amplo consenso polos representantes da hostalería, tómase á vista da evolución da pandemia na vila de Verín, que a día de hoxe é de 80 casos activos (datos a 23 de outubro)”, tal e como indica esta administración local.

Pola súa banda, o ente municipal prolongará tamén, ata o mesmo día 31 de outubro, a vixencia da liña de axudas destinada a minimizar o impacto económico do peche acordado polo sector.

 

Fonte do cadro: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button