En portadaÚltima hora

Acordo entre a Fegamp e as eléctricas para mellorar a atención ás familias en situación de vulnerabilidade

A sinatura deste convenio, á que asistía o alcalde do Barco e presidente da Fegamp, tiña lugar na mañá do 18 de xaneiro

 

O alcalde do Barco e presidente da Fegamp, Alfredo García, intervindo tras a sinatura do convenio./ Foto: Fegamp.

Buscando protexer as persoas e familias en situación de vulnerabilidade e urxencia social, a A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinou un convenio de colaboración con Endesa, Gas Natural Fenosa, Iberdrola e Viesgo. Deste xeito créase, a través da Fegamp e das principais firmas eléctricas que operan en Galicia, créase unha canle de comunicación de dobre vía entre os servizos sociais dos concellos e as propias empresas, co “obxectivo último de garantir a subministración de luz e gas naqueles domicilios onde non é posible facer fronte ao pagamento das facturas”, segundo esta federación.

Este convenio é o resultado de varios meses de traballo conxunto e asinábase na mañá do 19 de xaneiro en Santiago. No acto participaban o alcalde do Barco e presidente da Fegamp, Alfredo García; Miguel Temboury Molina, director xeral territorial Zona Noroeste de Endesa Energía S.A; Manuel Fernández Pellicer, delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia; José Ignacio Lázaro Estarta, delegado comercial de Iberdrola en Galicia, e Julián de Benito Cavero, responsable de Operacións Comerciais de Viesgo.

 

Representantes da Fegamp e das eléctricas, na sede da Fegamp, tras rubricar o convenio./ Foto: Fegamp.

No acordo establécese que nos endebedamentos que os entes locais identifiquen como emerxencia social, as empresas subministradoras comprométense a manter o servizo durante 2 meses. Nese tempo, os municipios tramitarán as axudas de emerxencia pertinentes, propias e alleas, para abonar os recibos adebedados.

Mediante este acordo a Fegamp busca “reforzar a atención ás familias en situación de vulnerabilidade e unificar e simplificar os procedementos entre os servizos sociais municipais e as empresas enerxéticas, para dar solución a situacións de urxencia social. A maiores de sentar bases comúns de traballo coas principais subministradoras, abre a posibilidade a prolongar no tempo o pagamento dos recibos, segundo a capacidade orzamentaria de cada concello”. Asemade o convenio vén a complementar as axudas autonómicas e estatais, “en moitos casos insuficientes para resolver a grave situación á que se enfrontan moitas familias e cidadáns/á”.

A Federación Galega de Municipios e Provincias agradece a boa disposición das compañías eléctricas asinantes do convenio, “que se comprometen a traballar man a man cos concellos para garantir a protección dos fogares máis vulnerables”.

Artigos relacionados

Back to top button