Galerías de fotosÚltima hora

As acrobacias de Paulo Martinho engaiolan ao público de Trives

O freestyle portugués, un clásico na concentración mototurística Os Equíos, sorprendeu co seu Ferrari

Rutas, música, boa comida, bo ambiente e un gran espectáculo. Cada ano dende hai xa trece, as acrobacias de Paulo Martinho centran o apartado nocturno da concentración mototurística Os Esquíos. E este ano non foi menos.

Pasadas as doce da noite do sábado 9 de xullo, o freestyle portugués centrou a atención do númeroso público que se achegou ata a rúa San Martín na Pobra de Trives, para disfrutar do espectáculo que este ano contou cunha novidade, o seu Ferrari 355 GTS, con motor V8 de 3.500 cc, “kitado” para 412 cv, para impresionantes maniobras de pericia.

Martinho é o pioneiro do Freestyle en Portugal, e neste momento executa o que está considerado como “o maior espectáculo motorizado do mundo, protagonizado por un só home”. Comezou coas motos pero hoxendía é todo un profesional tamén cos coches e cos quads, xogando asemade co lume. Todo un espectáculo que non deixa indiferente a ninguén.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos da concentración, no seguinte enlace:
https://osil.info/exito-de-participacion-na-xuntanza-moteira-da-pobra-de-trives/

Artigos relacionados

Back to top button